Mudamos o blog da biblioteca

Desde o curso 2013/2014 mudamos o servidor do noso blog ter partcicipado nun programa piloto que fai posible que teñamos os nosos blogs dentro do espazo web coorporativo da Consellería de Educación.

As melloras en xestión e seguridade son máis que notables…

…podedes seguirnos no novo blog

blog

A nosa biblioteca en EDUGA

No número 65 da revista galega de educación, EDUGA, sae publicado un artículo elaborado polo Equipo de biblioteca do centro.

No artigo ponse de manisfesto a importancia que ten a coordinación de todos os sectores implicados no proceso educativo para que a biblioteca xogue un papel importante na vida do centro.

“A coordinación, entendida como unha conexión de medios, esforzos, equipos, estamentos… para alcanzar un fin, é indispensable para que a biblioteca chegue a funcionar como un centro de recursos de aprendizaxe dentro dos centros educativos, que, en definitiva, é a finalidade principal pola que estamos a traballar desde as bibliotecas escolares.

Vídeo resumo do curso 2012/2013

Neste vídeo reflectimos as actividades realizadas ao longo do curso 2012/2013.

Festival de Fin de curso

O día 20 de xuño realizamos o Festival de Fin de curso no que participou todo o alumnado e profesorado do centro. Como en anos anteriores, tivemos unha gran afluencia de familiares e amigos da comunidade educativa do centro.

O programa foi o seguinte, se queredes ver o vídeo das actuacións premede na ligazón correspondente:

  1. OBRA EI: “Gorrioncete, o paxaro que non quería aprender
  2. OBRA : “ El buho, el sol y la luna” (1º ciclo).
  3. BAILE EI: “ Soy una taza”.
  4. OBRA: “Little Red Ridding Hood” (3ºciclo).
  5. CANCIÓN: “Ai Pepiño adios “(2º ciclo).
  6. OBRA: “Os tres pelos do demo” (3º ciclo)
  7. BAILE EI: “ Una chica ye-ye
  8. OBRA: “ Un conto tolo tolo” (3º ciclo)
  9. BAILE: “Maniac” (1º ciclo)
  10. ACROSPORT: “Euphoria” ( 3º ciclo)
  11. OBRA: “Todo é un conto” (2º ciclo)
  12. BAILE: “Bara- Bere” (3º ciclo)
  13. RAP INGLÉS (1º ciclo)
  14. BAILE: “Only girl in the world” (2º-3º ciclo)
  15. CURTOMETRAXE: “ Que mal cheira” (EI, 1º ciclo)
  16. OBRA DESPEDIDA alumnado do 3º ciclo: Gradación.
  17. VIDEO CURSO 2012-2013.

GALERÍA DE IMAXES DO FESTIVAL

 

Curta: Que mal cheira!!

O alumnado de 6º de Ed. Infantil e de 1º Ciclo de Educación Primaria participou na elaboración dunha curta de debuxos animados coa técnica de stop motion titulada “Que mal cheira”.

Non deixedes de vela!!

Kamishibai de Xuve

Realizamos un libro na web do centro onde iremos recollendo todos aqueles recurssos que nos poden ser de utilidade para traballar co kamishibai.

Asemade, tamén reflectimos as actividades que temos realizado co noso alumnado desde a biblioteca do centro.

Preme na imaxe para entrar no libro.

Relación de materiais para traballar co kamishibai:

Colombofilia na biblioteca

O venres, 31 de maio, realizamos no centro a última actividade deste curso dentro do programa Xogade.

Nesta ocasión tivemos un fantástico relatorio sobre a colombofilia que foi impartido polos membros da Federación Galega de colombofilia Angel (Presidente da mesma) e Carlos.

Explicáronnos en que consiste este deporte e todo o que se precisa saber para practicalo. Para a maioría dos presentes foi un descubrimento todo o que nos expuxeron relacionado coa competición deportiva das soltas de pombas mensaxeiras, así como os adestramentos que hai que facer con elas: desde que son moi novas ata que xa están en idade de competición

Asemade, trouxeron varias pombas mensaxeiras que puidemos observar e tocar, localizando nelas os sensores que levan no peteiro que as diferencian das outras pombas.

Seguir

Recibe aviso de cada artigo novo no teu correo electrónico.